jueves, 20 de noviembre de 2014

TAREFA CQC14

Nova Era I
Noelia García García
IES Marco do Camballón (Vila de Cruces)

Ano 2113. O planeta está sumido nun caos climatolóxico, nunca antes experimentado polo ser humano. Sabemos que os cambios do clima drásticos se producen ciclicamente ao longo da existencia da Terra.
Debido á man do home, estamos a punto de presenciar e padecer un gran cataclismo que cambiará definitivamente o mapa físico e político do mundo.
A subida gradual das temperaturas ao longo do último século provocaron desxeos nos polos, aumentando o nivel dos océanos varios metros. A mestura de cantidades enormes de auga doce xeada coa auga dos océanos desencadearon o cambio das correntes mariñas e, así mesmo, o cambio de estacións e de fluxos atmosféricos. Todos os países a partir do paralelo 50 do hemisferio norte para abaixo están completamente desertos.
A migración da poboación destes países céntrase agora, basicamente, en Rusia. Nestes intres a estepa caucásica, noutrora inhóspita e case sen poboación, está acollendo millóns de persoas cada ano. Agás Rusia, que ten estado propio, todos os países unificáronse baixo un único goberno rexido pola ONU, o cal ten a nova sede en Noruega. Semella que o planeta está realizando un axuste para garantir a vida propia do planeta e dos seres vivos máis básicos. Está eliminando calquera forma de vida que sexa nociva para el. Só sobrevivirán os que logren superar o paralelo 50, alí a ONU, xunto co exército ruso, controlan ferreamente o paso de persoas.
Todas as que teñan o maior síntoma de debilidade física ou mental non pasan, e os maiores de 60 anos tampouco. A explicación é que non temos espazo para todos e, sobre todo, non temos recursos farmacolóxicos para erradicar as diversas pragas víricas. En Groenlandia un grupo de grandes investidores (fortunas) construíron unha serie de complexos residenciais e hospitalarios nos que viven alleos aos conflitos pola supervivencia.
En 2093 o nivel de contaminación era de tal magnitude que toda a poboación mundial tiña que recorrer a tratamentos médicos dunha complexidade xenética enorme. Estes tratamentos carreaban uns efectos secundarios irreversibles. Modificaron o ADN humano para adaptar o organismo aos niveis de contaminación (facían respirable o CO2). Foi entón cando
fundaron a «Nova Groenlandia» para illarse e preservar o ADN intacto da súa poboación. Construíron grandes complexos abovedados con recicladores de aire mecánicos. Un potente exército privado protexe todos os complexos. Dicían que o facían para garantir a evolución da especie de forma natural. Como cabe de esperar, o resto das persoas que sobreviviron foi grazas ao tratamento médico. Cada nova xeración está experimentando mutacións cada vez máis fortes. En poucas décadas podería chegar a orixinarse unha nova raza, derivada do ser humano e totalmente diferenciada da liña continuísta de Groenlandia.
Hai un ano un avión non tripulado obtivo imaxes dun pobo ao norte de Alasca que dende hai anos permanece illado debido ao desxeo de toda a zona.
O extraordinario acontecemento tivo unha repercusión científica sen precedentes, porque ese poboado non fora vacinado para combater a contaminación e, non obstante, parecía que os seus habitantes vivían placidamente, ignorando o que acontecía no resto do mundo.
Eu son a doutora Méndez, directora do laboratorio de microbioloxía en Groenlandia. Acaban de alistarme para un grupo de expedición a ese poboado en Alasca. Dado a gravidade da situación partimos de forma inminente. Temos que investigar por que os nativos aguantan a contaminación e extraer, a ser posible, unha vacina para todo o mundo. A expedición entraña varios perigos pero iso é outra historia.



       



Esta tarefa pareceume unha boa experiencia e gustoume moito, porque aprendí a poner enlaces e lin relatos moi bos, sobre a ciencia, tamén aprendín usar drive.
Un saudo.


















miércoles, 19 de noviembre de 2014

TAREFA SKETCHUP

Este es mi pieza acotada del sketchup, primero hice fotos con el móvil de la pieza, luego hice un boceto de las tres perspectivas de la pieza, y luego empecé a usar el sketchup, allí hice primero la figura, luego la pinté, le puse las medidas y por último la guardé en formato ".png" y la envié. Hacer esta tarea me pareció entretenida e interesante, porque aprendí a usar el sketchup, además de eso, me pareció fácil. El sketchup me pareció una erramienta de dibujo en 3D muy útil y fácil de usar. No usé ningún videotutorial.
 Un saludo.
PIEZA ACOTADA


              


FOTOS

DEL

MÓVIL





BOCETO DE LAS TRES PERSPECTIVAS





lunes, 6 de octubre de 2014

Hola a todos.
Soy Daniel Nion y este blog tratará sobre la NBA.
El baloncesto es mi deporte favorito, y por eso este blog tratará de eso. La NBA es la liga que mas me gusta porque es la mejor liga del mundo en este deporte. Por esta liga han pasado los mejores jugadores del baloncesto, como "Magic" Johnson, que jugó en los Angeles Lakers, Larry Bird, que jugó en Boston Celtics, además que fue nombrado el mejor jugador blanco de baloncesto, Wilt Chamberlain, que tiene el record de mayor anotacion en un partido, metió 100 puntos, y por supuesto Michael Jordan, el mejor jugador del baloncesto y mejor deportista de la historia, fue el 23 de los Chicago Bulls y aparte de jugar al baloncesto jugó al beisbol, pero no tuvo el éxito que tuvo en el baloncesto.  Los equipos que mas me gustan son: Los Angeles Clippers, Chicago Bulls y Indiana Peacers.